O yavapai é unha lingua indíxena falada polo pobo yavapai, que habita no oeste e o centro de Arizona. Ten catro variedades dialectais: kwevkepaya, wipukpaya, tolkepaya e yavepe. Téñense publicado estudos lingüísticos dos dialectos kwevkepaya (sur), tolkepaya (oeste), wipukepa (Verde Valley) e yavepe (Prescott).
O yavapai foi falado outrora ó longo do norte e oeste do estado de Arizona, pero no presente só se fala nas reservas yavapai de Fort McDowell, Verde Valley e Prescott. O yavapai está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Biggs, Bruce. 1957. Testing Intelligibility among Yuman Languages. In International Journal of American Linguistics. Vol. 23, No. 2. (abril 1957), pp. 57–62. University of Chicago Press. Mithun, Marianne. 1999. The Languages of Native North America. Cambridge University Press. Shaterian, Alan William. 1983. Phonology and Dictionary of Yavapai. University of California, Berkeley.
Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América