O Estadio Municipal El Prado é un estadio de fútbol situado na cidade de Talavera de la Reina, en Castela-A Mancha, no que xoga os seus partidos o Club de Fútbol Talavera de la Reina. Con anterioridade tamén foi o feudo local de dous equipos xa desaparecidos, o histórico Talavera Club de Fútbol e a Unión Deportiva Talavera.

Foi inaugurado en 1944 e remodelado por primeira vez en 1982. As obras consistiron en engadir a bancada lateral e posteriormente a de preferencia, as dúas con teito, que permanecen na actualidade. En 2004 o concello de Talavera de la Reina aprobou unha nova remodelación, que contemplaba a construción dos fondos norte e sur.

Véxase tamén Club de Fútbol Talavera de la Reina

Prado Categoría:Deporte en Talavera de la Reina