La Hiniesta é un concello español da provincia de Zamora, en Castela e León. Atópase na comarca da Tierra del Pan, a escasos 8 km de Zamora. Tiña en 2017 unha poboación de 326 habitantes.
Dos seus monumentos destaca a igrexa gótica de Santa María la Real, construída no século XIII e declarada monumento histórico-artístico en 1944. Entre as súas festividades destaca a romaría que ten lugar o luns de Pentecoste, co traslado da Virxe de La Concha dende a capital zamorana ata a igrexa de La Hiniesta para visitar a súa curmá, a Virxe de La Hiniesta.
Véxase tamén Ligazóns externas
Hiniesta