STS-97 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 1 de decembro de 2000 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-97, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para continuar a construción da Estación Espacial Internacional e provisionala con subministracións. A tripulación estaba formada polo comandante Brent Jett, o piloto Michael Bloomfield e os especialistas de misión Joseph R. Tanner, Marc Garneau e Carlos Noriega. Durante a misión instalouse un panel solar de 65 kW de potencia cunhas dimensións de 72 x 11,4 m no módulo Unity. O Endeavour ransbordador elevou a órbita da estación cos seus propios motores.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 11 de decembro de 2000.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour

Categoría:Programa STS