The Dark Crystal é filme británico-estadounidense de aventuras e fantasía dirixido por Jim Henson e Frank Oz que se estreou en 1982. Está protagonizado polas voces de Stephen Garlick, Lisa Maxwell, Billie Whitelaw, Percy Edwards e Barry Dennen. A historia xira arredor de Jen, unha criatura semellante a un elfo, e a súa misión de restaurar o equilibrio do seu mundo devolvendo un anaco perdido de cristal a unha poderosa xema.
Malia que estaba considerado un filme familiar, é considerablemente máis escuro que as obras anteriores dos seus creadores, achegando varios temas do movemento new age. Os animatronics empregados no filme foron considerados daquela como moi innovadores. O principal artista conceptual foi o ilustrador Brian Froud, famoso polos seus recoñecibles deseños de fadas e ananos. Froud tamén colaborou con Henson e Oz no seu seguinte proxecto, o filme de 1986 Dentro do labirinto.
Personaxes Jim Henson como Jen Kiran Shah como o corpo de Jen Stephen Garlick como a voz de Jen Kathryn Mullen como Kira Kiran Shah como o corpo de Kira Lisa Maxwell como a voz de Kira Frank Oz como Aughra Kiran Shah como o corpo de Aughra Billie Whitelaw como a voz de Aughra Mike Edmonds como artista adicional Dave Goelz como Fizzgig Percy Edwards como voz de Fizzgig Frank Oz como skekSil/The Chamberlain Barry Dennen como voz de skekSil/The Chamberlain Dave Goelz como skekUng/The Garthim Master Michael Kilgarriff como voz de skekUng/The Garthim Master Jim Henson como skekZok/The Ritual Master Jerry Nelson como voz de skekZok/The Ritual Master Jim Henson como skekSo/The Emperor Jerry Nelson como voz de skekSo/The Emperor Louise Gold como skekAyuk/The Gourmand Thick Wilson como voz de skekAyuk/The Gourmand Brian Muehl como skekEkt/The Ornamentalist Bob Payne como skekOk/The Scroll Keeper John Baddeley como voz de skekOk/The Scroll Keeper Mike Quinn como skekNa/The Slave Master David Buck como voz de skekNa/The Slave Master Tim Rose como skekShod/The Treasurer Charles Collingwood como voz de skekShod/The Treasurer Steve Whitmire como skekTek/The Scientist Brian Muehl como urSu/The Master Brian Muehl como urZah/The Ritual Guardian
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1982 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Jim Henson Categoría:Filmes dirixidos por Frank Oz Categoría:Filmes con banda sonora de Trevor Jones Categoría:Filmes de Elstree Studios Categoría:Filmes de ITC Entertainment Categoría:Filmes de Universal Pictures