Annie é un filme musical estadounidense adaptado a partir da obra homónima de Broadway. Foi dirixido por John Huston, escrito por Carol Sobieski, e protagonizado por Albert Finney, Carol Burnett, Ann Reinking, Tim Curry, Bernadette Peters, Geoffrey Holder, Edward Herrmann e Aileen Quinn. Ambientada durante a Gran Depresión, o filme conta a historia de Annie, unha nena orfa da cidade de Nova York que é adoptada polo rico Oliver Warbucks. A rodaxe do filme levou seis semanas e fíxose en Nova Jersey.
O filme, estreado o 18 de xuño de 1982, recibiu unha acollida dispar por parte da crítica e foi nomeado ó Oscar mellor deseño de produción e mellor canción e adaptación musical na 55ª edición dos Oscar.
Unha secuela chamada Annie: A Royal Adventure! foi estreada en 1995. Na súa primeira colaboración cinematográfica, Disney e Columbia Pictures produciron unha versión televisiva en 1999. Columbia estreou unha adaptación contemporánea o 19 de decembro de 2014.
Personaxes Aileen Quinn as Annie Albert Finney como Oliver "Daddy" Warbucks Carol Burnett como Miss Agatha Hannigan Tim Curry como Daniel Francis "Rooster" Hannigan Bernadette Peters como Lily St. Regis Ann Reinking como Grace Farrell Edward Herrmann como Franklin D. Roosevelt Geoffrey Holder como Punjab Roger Minami como The Asp Toni Ann Gisondi como Molly Rosanne Sorrentino como Pepper Lara Berk como Tessie April Lerman como Kate Robin Ignico como Duffy Lucie Stewart como July Lois de Banzie como Eleanor Roosevelt Peter Marshall como Bert Healy Irving Metzman como Mr. Bundles I. M. Hobson como Drake Colleen Zenk Pinter, Mavis Ray e Pamela Blair como Cecile, Mrs. Greer e Annette Lu Leonard como Mrs. Pugh Victor Griffin como Saunders
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1982 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Huston Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey Categoría:Filmes ambientados en 1933 Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes de 1982 con versión en galego