Anatomía dun asasinato (en ) é un filme estadounidense producido e dirixido por Otto Preminger que se estreou en 1959. O guión é obra de Wendell Mayes e baséase na novela homónima escrita por John D. Voelker baixo o alcume Robert Traver. Voelker baseou a novela nun caso de asasinato de 1952 no que foi avogado da defensa.
Está protagonizado por James Stewart, Lee Remick, Ben Gazzara, Eve Arden, George C. Scott, Arthur O'Connell, Kathryn Grant, Brooks West, Orson Bean e Murray Hamilton. O xuíz foi interpretado por Joseph N. Welch, un avogado real. Foi un dos primeiros filmes de Hollywood en abordar os temas do sexo e a violación en termos gráficos. Inclúe unha das secuencias de Saul Bass de máis sona, a banda sonora de Duke Ellington, que tamén aparece no filme, e foi descrito por un profesor de dereito como "probablemente o máis puro filme xurídico xamais feito".
En 2012, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
Foi estreado en galego a través da TVG o 11 de decembro de 1993.La Voz de Galicia, 11 de decembro de 1993. Páx. 67
Sinopse En Míchigan, o avogado dunha pequena localidade, Paul Biegler, ex-fiscal de distrito que perdeu no seu intento de reelección, pasa a maior parte do seu tempo pescando, tocando o piano e saíndo co seu amigo e colega alcohólico Parnell McCarthy e a súa sardónica secretaria Maida Rutledge.
Un día, Biegler recibe a Laura Manion, esposa do tenente Frederick "Manny" Manion, arrestado polo asasinato de Barney Quill, dono dun bar. Manion non nega o crime, mais afirma que Quill violou a súa esposa. Mesmo con esta motivación, sería difícil conseguir que fose absolto do asasinato, mais Manion di non ter recordo ningún do suceso, o que suxire que pode ter unha defensa por loucura temporal.
Personaxes James Stewart como Paul Biegler Lee Remick como Laura Manion Ben Gazzara como Tenente Frederick Manion Arthur O'Connell como Parnell McCarthy Eve Arden como Maida Rutledge Kathryn Grant como Mary Pilant George C. Scott como Claude Dancer Orson Bean como Dr. Matthew Smith Russ Brown como George Lemon Murray Hamilton como Alphonse Paquette Brooks West como Mitch Lodwick Ken Lynch como Sarxento James Durgo John Qualen como Sheriff Sulo Howard McNear como Dr. Dompierre Alexander Campbell como Dr. Gregory Harcourt Ned Wever como Dr. Raschid Jimmy Conlin como Madigan Royal Beal como Sheriff Battisfore Joseph Kearns como Mr. Burke Don Ross como Duke Miller Lloyd Le Vasseur como empregado do xulgado James Waters como sarxento
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1959 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Otto Preminger Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes rodados en Míchigan Categoría:Filmes xurídicos Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1959 con versión en galego