As amizades perigosas (en ) é un filme estadounidense dirixido por Stephen Frears que se estreou en 1988. Baséase na obra de Christopher Hampton Les liaisons dangereuses, adaptación da novela homónima de Pierre Choderlos de Laclos. A interpretación de Glenn Close, John Malkovich e Michelle Pfeiffer, a fotografía de Philippe Rousselot, o deseño de vestiario de James Acheson e o guión de Hampton, gañou a aclamación da crítica. Swoosie Kurtz, Mildred Natwick e Peter Capaldi interpretan papeis secundarios, así como os daquela relativamente descoñecidos actores Keanu Reeves e Uma Thurman.

O filme foi nomeado a sete Premios Óscar, incluíndo mellor filme. Gañou os Óscar ó mellor guión adaptado, mellor deseño de vestiario e mellor dirección de arte.

Foi emitido na TVG o 10 de xuño de 2002.La Voz de Galicia, 10 de xuño de 2002. Páx. 70

Sinopse A Marquesa de Merteuil pide ao seu amigo, o Vizconde de Valmont, que seduza a filla da súa prima Madame de Volanges. O seu obxectivo é vingarse dun antigo amante, ao que a moza Cecile fora prometida en casamento. Inicialmente, Valmont rexeita a oferta, xulgando a presa demasiado fácil: o seu albo é a recatada Madame de Tourvel, que visita a casa de campo da súa tía mentres o marido está no exterior realizando negocios.

Valmont descobre, entre tanto, que Madame de Volanges escribiu en segredo a Madame de Tourvel para advertila sobre o seu carácter, e decide seguir o plan de Merteuil. Para levar a cabo os seus propósitos, contan coa axuda do profesor de música de Cecile, o inxenuo cabaleiro Danceny, por quen a moza está apaixonada mais que non é visto pola súa nai como un potencial noivo.

Personaxes Glenn Close como Marquise Isabelle de Merteuil John Malkovich como Vicomte de Valmont Michelle Pfeiffer como Madame Marie de Tourvel Uma Thurman como Cécile de Volanges Swoosie Kurtz como Madame de Volanges Keanu Reeves como Le Chevalier Raphael Danceny Mildred Natwick como Madame de Rosemonde Peter Capaldi como Azolan Valerie Gogan como Julie Laura Benson como Émilie Joe Sheridan como Georges Joanna Pavlis como Adèle Harry Jones como Monsieur Armand François Montagut como Belleroche

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1988 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Stephen Frears Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de 1988 con versión en galego