O yekuana é unha lingua caribe falada polo pobo yekuana que habita en Venezuela e no Brasil. É falada por arredor de 6 000 persoas (c. 2001) arredor da fronteira brasileira do estado de Roraima e Venezuela. Segundo o censo de 2001, en Venezuela vivían uns 6 523 yekuana. Por mor da distribución desigual dos yekuana entre os dous países, Ethnologue ofrece dúas clasificacións de vitalidade da lingua, sendo vigorosa (6a) en Venezuela e moribunda (81) no Brasil. O yekuana está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Categoría:Linguas caribes Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Linguas de Venezuela