Algúns homes bos (en ) é un filme estadounidense de drama legal dirixido por Rob Reiner que se estreou en 1992. Está protagonizado por Tom Cruise, Jack Nicholson e Demi Moore, xunto con Kevin Bacon, Kevin Pollak, Wolfgang Bodison, James Marshall, J. T. Walsh e Kiefer Sutherland nos papeis secundarios. Foi adaptado a guión por Aaron Sorkin a partir da súa obra homónima pero inclúe achegas de William Goldman.

Estreouse en galego o 18 de decembro de 2010 a través da TVG.

Personaxes Tom Cruise como Tenente Daniel Kaffee Jack Nicholson como Coronel Nathan R. Jessup Demi Moore como Tenente JoAnne Galloway Kevin Bacon como Capitán Jack Ross Kiefer Sutherland como Tenente Jonathan James Kendrick Kevin Pollak como Tenente Sam Weinberg Wolfgang Bodison como Harold Dawson James Marshall como Soldado de Primeira Clase Louden Downey J. T. Walsh como Tenente Coronel Matthew Andrew Markinson J. A. Preston como Xuíz Julius Alexander Randolph Michael DeLorenzo como Soldado William T. Santiago Noah Wyle como Jeffrey Owen Barnes Cuba Gooding Jr. como Carl Edward Hammaker Xander Berkeley como Capitán Whitaker Matt Craven como Tenente Dave Spradling John M. Jackson como Capitán West Christopher Guest como Comandante (Dr.) Stone Joshua Malina como Tom Aaron Sorkin como avogado

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Rob Reiner Categoría:Filmes de Castle Rock Entertainment Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes ambientados en Cuba Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes de 1992 con versión en galego