Europa é un filme do ano 1991 dirixido por Lars von Trier. É a terceira película teatral deste director e a última da súa triloxía europea, despois de Forbrydelsens element (1984) e Epidemic (1987). En América do Norte o filme foi renomeado como Zentropa para evitar confusións con Europa Europa (1990) de Agnieszka Holland. Está influída pola novela de Franz Kafka Amerika.

Sinopse Despois da segunda guerra mundial, Leo Kessler, un mozo estadounidense de orixe alemá, trasládase a Alemaña para traballar co seu tío nunha empresa de trens. O seu traballo permitiralle viaxar, fascinado, por un país destruído pola guerra; pero tamén terá que enfrontarse paseniñanmente aos horrores do holocausto nazi.

Personaxes Jean-Marc Barr como Leopold Kessler Barbara Sukowa como Katharina Hartmann Udo Kier como Lawrence Hartmann Ernst-Hugo Järegård como Uncle Kessler Henning Jensen como Siggy Erik Mørk como Pater Eddie Constantine como Colonel Harris Max von Sydow como Narrador Jørgen Reenberg como Max Hartmann Benny Poulsen como Steleman Erno Müller como Seifert Dietrich Kuhlbrodt como Inspector Michael Phillip Simpson como Robins Holger Perfort como Mr. Ravenstein Anne Werner Thomsen como Mrs. Ravenstein Lars von Trier como Xudeu Baard Owe como Home con papeis

Galardóns e nomeamentos 1991: Festival de Cannes: Premio do Xurado (ex aequo), Gran Premio Técnico 1991: Festival de Sitges: Mellor filme, mellor fotografía 1992: Un nomeamento nos Premios do Cinema Europeo, mellor actriz (Barbara Sukowa)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Europa en FilmAffinity (en castelán) Zentropa (Europa) en Rotten Tomatoes (en inglés)

Categoría:Filmes de 1991 Categoría:Filmes sobre o holocausto Categoría:Filmes dirixidos por Lars von Trier Categoría:Filmes rodados en Dinamarca Categoría:Filmes rodados en Suecia Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes ambientados en 1945 Categoría:Filmes ambientados en 1946 Categoría:Filmes ambientados en Alemaña Categoría:Filmes sobre nazis