Xosé Pena Pena, nado o 19 de outubro de 1902, foi un profesor e escritor galego.
Traxectoria Mestre nacional e licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi socio fundador e numerario do Seminario de Estudos Galegos, realizou o seu ingreso o 9 de febreiro de 1924 co traballo "A ponte de Vidán", que foi publicado o ano seguinte na revista Nós.El Compostelano, 27-11-1925, p. 2. Alistado no Rexemento de Infantaría de Zaragoza número 12, foi ascendido sarxento en outubro de 1924,El Ideal Gallego, 3-10-1924, p. 3. e a suboficial en abril de 1925.El Compostelano, 21-4-1925, p. 2.Foi elixido secretario do Colexio oficial de doutores e licenciados en Ciencias e Letras do distrito universitario de Santiago de Compostela, en xaneiro de 1927.La Voz de Galicia, 25-1-1927, p. 2.
Foi profesor axudante da Universidade de Santiago de Compostela, profesor do Instituto de Ribadeo e catedrático de Xeografía e Historia do Instituto de Elx.El Pueblo Gallego, 19-4-1935, p. 6. Coa derrota da República foi depurado, sendo suspendido de emprego e soldo por un ano, con traslado forzoso fóra da provincia, prohibición de solicitar cargos vacantes durante cinco anos e inhabilitación para o exercicio de cargos directivos e de confianza en institucións culturais e de ensinanza.BOE, 11-2-1941, p. 980.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en 1902
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes