Thérèse Clerc, nada en París o 9 de decembro de 1927 e finada en Montreuil (Sena-San Denis) o 16 de febreiro de 2016, foi unha militante feminista francesa, coñecida polo seu proxecto de vivenda autoxestionada para mulleres de idade, a "Maison des Babayagas".
Traxectoria
Da pequena burguesía de París, Thérèse Clerc pasou a súa infancia en Bagnolet Jacky Durand, « Flamme forte », en Libération, 11 de xuño de 2008. O seu pai traballou nunha empresa de apostas hípicas.
Aprendeu o oficio de modista, e en 1947, aos 20 anos e medio, casou cun pequeno contratista en limpeza industrial, converténdose nunha ama de casa, nai de catro fillos. Católica, vendeu o semanario Témoignage chrétien e reuniuse cos curas obreiros que volvían de facer o servizo militar en Alxeria:Isabelle Rey-Lefebvre, Mort de la militante féministe Thérèse Clerc, en Le Monde, éd. papier 18 février 2016, éd. Internet 16 février.
Con todo, a posición da Igrexa con respecto ás mulleres, afastouna dela, aínda que ao final da súa vida non se consideraba atea, senón máis ben agnóstica, quizais mesmo crente:
Traballou como vendedora nunha tenda e, despois de se ter manifestado contra as guerras en Indochina e Alxeria, fixo campaña do "Movemento pola liberdade do aborto e a contracepción" (MLAC) durante o Maio do 68. En 1969, divorciouse e en 1974 comprou un pequeno apartamento en Montreuil. Alcumada "Teresa de Montreuil",Marjorie Corcier, « Les deux vies de Thérèse », en Le Parisien, 8 de decembro de 2007. practicou abortos clandestinos na mesa da súa sala de estar ata a promulgación, en xaneiro de 1975, da Lei Veil, que despenalizou o aborto en Francia. Militou tamén no Movemento pola paz e no Partido Socialista Unificado (PSU).
En 1990, asinou o Recurso do 75 contra a guerra do Golfo.
Activista en Montreuil Thérèse Clerc fundou no ano 2000, en Montreuil, a "Maison des femmes" (Casa das mulleres),O 15 de xaneiro de 2016 a Casa das Mulleres foi bautizada como a Casa das Mulleres Thérèse Clerc (Maison des Femmes Thérèse Clerc). que abría as súas portas ás mulleres vítimas de violencia e aquelas en vías de reinserción ou reintegración. Ao mesmo tempo, cando tivo que coidar da súa nai encamada, decidiu crear un lugar autoxestionado para "envellecer en comunidade como cidadáns independentes, libres e útiles": o proxecto, iniciado en 1999, por pouco fracasa en 2007, ata que logo dun improbábel encontro coa ministra de Vivenda Christine Boutin (da dereita católica), esta desbloquea os fondos necesarios. Isto levou á creación do proxecto da "Maison des Babayagas", nomeado así pola bruxa rusa Baba Iagá. Porén, no último minuto, o consello xeral do Sena-San Denis cancelou a súa participación, alegando que o proxecto, reservado para as mulleres, sería "discriminatorio". Foi relanzado en 2009 polo concello de Montreuil, e a oficina de Vivenda da cidade chegando finalmente a abrirse a finais de 2012. Houbo que esperar, con todo, a 2015, para construír un lugar específico, na Rue de la Convention, Les vies de Thérèse, para o sitio.Le projet architectural sur le site La Maison des Babayagas, 9 de agosto de 2015.
Tamén creou a "Universidade dos saberes sobre a vellez" (Université des Savoirs sur la Vieillesse, UNISAVIE.).
Thérèse Clerc apareceu no filme documental de Sebastien Lifshitz, Les Invisibles, lanzado en 2012. Destacou a intolerancia da sociedade francesa contra os homosexuais durante a década de 1960, momento en que foi considerado como un "flaxelo social". Ao final da súa vida, falou abertamente da súa homosexualidade, mantendo relacións ata a vellez. Sébastien Lifshitz rodou unha película sobre as últimas semanas de vida de Thérèse Les vies de Thérèse, segundo os seus desexos, nunha desacralización do tabú do corpo moribundo.
Thérèse Clerc morreu vítima dun cancro na súa casa en Montreuil, o 16 de febreiro de 2016 rodeada polos seus fillos. Foi enterrada no cemiterio do Père-Lachaise. A súa familia organizou un funeral discreto na intimidade da familia.
Recoñecementos Foi condecorada no palais Bourbon pola historiadora do feminismo Michelle Perrot e en presenza de Simone Veil como Cabaleira da Lexión de honra en 2008 (rexeitara esta distinción no inicio dos anos 2000)« Thérèse Clerc reçoit la Légion d’honneur », en Le Parisien, 11 de xuño de 2008..
A biblioteca Marguerite-Durand do 13º arrondissement de París mantén un arquivo dedicado a Thérèse Clerc.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Audiovisuais
Jean-Marc La Rocca, « Nous vieillirons ensemble, la saga des Babayagas », 52 min., Agat Films / Ex Nihilo – 2013. Ilona Kalmbach, Sabine Jainski, « Le meilleur est à venir. Parlez-moi d’amour », 52 min, WDR, Arte – 2015. Sébastien Lifshitz - Les Vies de Thérèse - 52 min - 2016
Ligazóns externas
Thérèse Clerc sur le site de France Inter Fonds Thérèse Clerc (Bibliothèque Marguerite Durand, París) Thérèse Clerc, invitée de Laure Adler dans l'émission de France Culture Hors-champs du 18 avril 2014 (43 min) Thérèse Clerc, utopiste réaliste, du blog « Les Culottées » de Pénélope Bagieu
Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Finados por cancro Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Feministas de Francia