Antonio Recouso Boquete, nado en Ordes o 7 de xullo de 1909 e finado en Parada (Ordes) o 26 de xuño de 1946, foi guerrileiro antifranquista galego.
Traxectoria Durante a II República foi garda de asalto en Barcelona. Ao final da guerra foi expulsado e volveu a Ordes. Enlace da guerrilla antifranquista, morreu nun tiroteo coa Garda Civil cando esta atacou un grupo de guerrilleiros entre os que estaban Pedro Rodríguez Gómez, José Blanco Núñez, José Santiago Temprano e Enrique Ferreirós Candamo (os tres últimos resultaron feridos), pola delación do infiltrado Claudio Díaz Milia na Chousa de Urzal, lugar de Cestaños, parroquia de Parada (Ordes)."Consejo de guerra sumarísimo", La Voz de Galicia, 5-11-1948, p. 3. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes