Pedro del Río Caramelo, nado en Ordes cara a 1894, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Ferreiro de profesión. Fiscal municipal de Ordes nos anos vinte. Dono dun salón en Ordes, en xaneiro de 1926 abriu o Café y Bar Pedro.El Ideal Gallego, 17-1-1926, p. 3. En 1929 foi nomeado axente executivo de cédulas persoais do partido de Ordes.El Compostelano, 24-1-1929, p. 2. Logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro de Ordes e elixido 1º tenente alcalde.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado por traizón en consello de guerra en Compostela o 22 de decembro na causa 230/36, foi condenado á cadea perpetua. A Comisión Provincial de Incautación de Bens abriulle expediente de responsabilidade civil en abril de 1938.BOP da Coruña, 5-4-1938, p. 2. Estivo preso na Prisión Provincial da Coruña, da que saíu en liberdade provisional en maio de 1941.BOE, 31-5-1941, p. 3888. Vida persoal Casou con Manuela Calviño Fraga en 1922,El Ideal Gallego, 7-12-1922, p. 4. e foi pai de Gabriel, Paz, José, Manuel e Antonio del Río Calvlño.

Notas

Categoría:Concelleiros de Ordes Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes