O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de , celebrouse no Circuíto de Kyalami en Midrand, Suráfrica o 14 de marzo de 1993. Foi a primeira rolda da tempada de Fórmula Un de 1993 e disputouse durante 72 voltas. Foi o 33º Gran Premio de Suráfrica, e o 23º como parte do Campionato Mundial e ata 2018, o último. Foi gañado desde a pole position por Alain Prost, pilotando un Williams - Renault, con Ayrton Senna segundo nun McLaren - Ford e Mark Blundell terceiro nun Ligier - Renault.
O equipo suízo Sauber fixo o seu debut no Gran Premio.
Informe A tempada comezou en Kyalami onde Prost, na súa primeira carreira con Williams (Williams Grand Prix Engineering), logrou pole por diante de Senna, Schumacher, Hill, Alesi e Lehto, impresionando no primeiro Gran Premio de Sauber. A saída de Prost foi mala e Senna e Hill (que xa estaba por diante de Schumacher) adiantárono. Logo, Hill trompeou diante de Prost perdendo varias posicións, Prost tivo que frear e deixar que Schumacher pasase ao segundo lugar. Senna lideraba a Schumacher, Prost, Lehto, Wendlinger e Alesi ao final da primeira volta.
Prost atacou a Schumacher, tomou o segundo posto na 13ª volta e partiu na captura de Senna. Cinco voltas máis tarde, atacou na primeira curva, pero Senna tomou o interior e defendeuse. Con todo, Senna non puido facer nada cando Prost atacou na volta 25 na trazada interna. tomou o liderado e foise. Schumacher tamén superou a Senna para tomar o segundo lugar pouco despois. Ambos entraron en boxes, pero Senna foi máis rápido e reincorporouse á fronte.
Schumacher non estaba de humor para quedar terceiro e atacou a Senna na volta 40. Houbo un contacto menor e Schumacher trompeou para retirarse. Patrese era terceiro pero tamén trompeou na volta 47 xusto cando Christian Fittipaldi pasou a Lehto. Prost gañou diante de Senna, Blundell, Fittipaldi, Lehto e Berger (estaba fóra, pero clasificouse sexto).
Clasificación
Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 2 Alain Prost Williams-Renault 1:16.804 1:15.696 — 2 8 Ayrton Senna McLaren-Ford 1:17.152 1:15.784 +0.088 3 5 Michael Schumacher Benetton-Ford 1:17.507 1:17.261 +1.565 4 0 Damon Hill Williams-Renault 1:17.732 1:17.592 +1.896 5 27 Jean Alesi Ferrari 1:18.775 1:18.234 +2.538 6 30 JJ Lehto Sauber 1:19.120 1:18.664 +2.968 7 6 Riccardo Patrese Benetton-Ford 1:19.341 1:18.676 +2.980 8 26 Mark Blundell Ligier-Renault 1:19.688 1:18.687 +2.991 9 7 Michael Andretti McLaren-Ford 1:18.903 1:18.786 +3.090 10 29 Karl Wendlinger Sauber 1:20.365 1:18.950 +3.254 11 19 Philippe Alliot Larrousse-Lamborghini 1:19.350 1:19.034 +3.338 12 25 Martin Brundle Ligier-Renault 1:19.138 1:19.457 +3.442 13 23 Christian Fittipaldi Minardi-Ford 1:19.825 1:19.285 +3.589 14 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 1:20.118 1:19.305 +3.609 15 28 Gerhard Berger Ferrari 1:20.066 1:19.386 +3.690 16 11 Alessandro Zanardi Lotus-Ford 1:20.150 1:19.396 +3.700 17 12 Johnny Herbert Lotus-Ford 1:20.009 1:19.498 +3.802 18 15 Ivan Capelli Jordan-Hart 1:20.841 1:19.759 +4.063 19 20 Érik Comas Larrousse-Lamborghini 1:21.000 1:20.081 +4.385 20 10 Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 1:21.342 1:20.237 +4.541 21 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:20.401 1:20.479 +4.705 22 9 Derek Warwick Footwork-Mugen-Honda 1:20.821 1:20.402 +4.706 23 4 Andrea de Cesaris Tyrrell-Yamaha 1:20.721 1:20.660 +4.964 24 24 Fabrizio Barbazza Minardi-Ford 1:20.994 1:21.195 +5.298 25 21 Michele Alboreto Lola-Ferrari 1:22.843 1:21.893 +6.197 26 22 Luca Badoer Lola-Ferrari 1:24.737 — +9.041
Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 2 Alain Prost Williams-Renault 72 1:38:45.082 1 10 2 8 Ayrton Senna McLaren-Ford 72 + 1:19.824 2 6 3 26 Mark Blundell Ligier-Renault 71 + 1 volta 8 4 4 23 Christian Fittipaldi Minardi-Ford 71 + 1 volta 13 3 5 30 JJ Lehto Sauber 70 + 2 Laps 6 2 6 28 Gerhard Berger Ferrari 69 Motor 15 1 7 9 Derek Warwick Footwork-Mugen-Honda 69 Trompo 22 Ret 25 Martin Brundle Ligier-Renault 57 Trompo 12 Ret 21 Michele Alboreto Lola-Ferrari 55 Temperatura 25 Ret 20 Érik Comas Larrousse-Lamborghini 51 Motor 19 Ret 6 Riccardo Patrese Benetton-Ford 46 Trompo 7 Ret 5 Michael Schumacher Benetton-Ford 39 Trompo 3 Ret 12 Johnny Herbert Lotus-Ford 38 sistema combustible 17 Ret 29 Karl Wendlinger Sauber 33 Motor 10 Ret 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 31 Caixa de cambios 14 Ret 27 Jean Alesi Ferrari 30 Suspensión 5 Ret 19 Philippe Alliot Larrousse-Lamborghini 27 Trompo 11 Ret 24 Fabrizio Barbazza Minardi-Ford 21 Colisión 24 Ret 10 Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 21 Colisión 20 Ret 22 Luca Badoer Lola-Ferrari 20 Caixa de cambios 26 Ret 0 Damon Hill Williams-Renault 16 Colisión 4 Ret 11 Alessandro Zanardi Lotus-Ford 16 Colisión 16 Ret 7 Michael Andretti McLaren-Ford 4 Colisión 9 Ret 15 Ivan Capelli Jordan-Hart 2 Trompo 18 Ret 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1 Transmisión 21 Ret 4 Andrea de Cesaris Tyrrell-Yamaha 0 Transmisión 23
Notas JJ Lehto anotou puntos para o equipo Sauber no seu debut, Mark Blundell logrou o seu primeiro podio (tamén o equipo Ligier o primeiro desde 1986), e varios pilotos incluíndo a Rubens Barrichello, Luca Badoer e Michael Andretti fixeron as súas primeiras saídas nun Gran Premio. Ata a data, esta foi a última carreira do Gran Premio de Suráfrica. Esta foi a primeira vez desde a tempada de Fórmula Un de que a primeira carreira dunha tempada non contou co Campión de Pilotos defendendoo na pista (en 1971, Jochen Rindt non estivo porque morrera en 1970). O campión defensor de 1992 Nigel Mansell abandonara para correr na Indycar esa tempada. Dado que non houbo campión de pilotos na pista esta tempada, o campión defensor Williams non puido usar o Nº 1 en ningún dos seus autos. Polo tanto, esta foi a primeira carreira desde a tempada de que se utilizou o Nº 0. Última saída: Ivan Capelli Primeira carreira: Rubens Barrichello
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de piloto PosPilotoPuntos 1 Alain Prost 10 2 Ayrton Senna 6 3 Mark Blundell 4 4 Christian Fittipaldi 3 5 JJ Lehto 2
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Renault10 2 McLaren-Ford6 3 Ligier-Renault4 4 Minardi-Ford3 5 Sauber2
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Suráfrica Categoría:Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1