Daniel Pino Vicente, nado en Forcadela (Tomiño) o 6 de maio de 1943, é un sociólogo, urbanista e escritor galego.

Traxectoria Fillo de Francisco Pino Carrera. Licenciado en Ciencias Políticas e Económicas, cando era estudante en Madrid foi detido pola policía por propaganda ilegal en abril de 1965La Voz de Galicia, 29-4-1965, p. 10. e pasou un tempo en prisión. Residente en Vilaxoán, fundou a empresa Consultora Galega, exerceu a secretaría técnica do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e foi director do Instituto Galego de Vivenda e Solo durante o goberno bipartito. Foi profesor da ENAP nos Cursos de Técnico Superior de Urbanismo e do máster de Restauración Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

É autor e coautor de numerosos libros, artigos, informes técnicos e traballos de investigación no seu campo: a ordenación territorial, o urbanismo, o transporte, a vivenda, o medio ambiente e disciplinas afíns.

Obras Vixía os sables ao chegar febreiro (1995). Laiovento. 263 páxs. ISBN 978-84-87847-53-6. Narrativa. Arredor do lume (1998). Laiovento. 146 páxs. ISBN 9788489896284. Relatos. No leme das lembranzas (2001). Ed. Litoral das Rías. ISBN 84-932093-0-9. Poesía. As casualidades necesarias (2021). Ed. Autografía. 372 páxs. ISBN 9788419042217. Publicado co pseudónimo de Amelia Xesteira da Cova. Novela.

Obras colectivas A Galicia urbana (2015). Xerais. Coord.

Recoñecementos Premio Nacional de Urbanismo polo Plan Especial de Protección do Pazo de Hueca e a súa contorna, 1981. Premio Galicia de Deseño polo Plan Xeral de Ordenación de Vilagarcía, 1985. Premio Europeo de Urbanismo pola Ordenación e Recuperacións Integrais do Conxunto Histórico de Allariz e o seu río, 1994. Tomiñes distinguido, 2016.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Tomiño homenajea a Daniel Pino como tomiñés distinguido

Categoría:Sociólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Tomiño Categoría:Nados en 1943 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes