The Used é unha banda estadounidense de rock formada en Orem, Utah no ano 2001. O grupo está composto polo vocalista Bert McCracken, o guitarrista Justin Shekoski, o baixista Jeph Howard e o batería Dan Whitesides.
O grupo asinou con Reprise Records e chegou á fama en xuño de 2002 tras o seu álbum de estrea, The Used. A este seguíronlle In Love and Death en setembro de 2004 e Lies for the Liars en maio de 2007. Shallow Believer, un EP que contaba coa meirande parte das caras b da banda, lanzouse en febreiro de 2008. Ese ano pasárono traballando no seu cuarto álbum, Artwork, que sería publicado en agosto de 2009. O seu quinto traballo, Vulnerable, apareceu en marzo de 2012 a través do selo independente Hopeless Records. No verán de 2013 lanzaron outro EP titulado The Ocean of the Sky. O seu sexto álbum, Imaginary Enemy, editouse en abril de 2014 e o sétimo, The Canyon, o 27 de outubro de 2017.
Discografía Álbum Ano Selo The Used 2002 Reprise Records In Love and Death 2004 Reprise Records Lies for the Liars 2007 Reprise Records Artwork 2009 Reprise Records Vulnerable 2012 Hopeless Records Imaginary Enemy 2014 Hopeless Records, GAS Union The Canyon 2017 Hopeless Records Heartwork 2020 Big Noise
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Utah Categoría:Grupos musicais de emo Categoría:Grupos musicais de screamo Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 2001