Juan Eugenio Carmelo Vidal Fraga, nado en Cambados o 1 de febreiro de 1905 e finado en Marcón (Pontevedra) o 26 de febreiro de 1970, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de Salustiano Vidal Lores. Estudou o bacharelato nos institutos de Pontevedra e Santiago de Compostela (1915-1925). Despois cursou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela de 1924 a 1934. Coa proclamación da Segunda República, logo da repetición das eleccións municipais o 31 de maio, foi elixido alcalde de Cambados o 5 de xuño. Estaba vinculado ao Partido Republicano Gallego. Foi designado membro da xestora da Deputación provincial o 30 de decembro de 1935.El Pueblo Gallego, 31-12-1935, p. 3. En 1950 foi elixido Prohombre da Hermandad de Labradores de Cambados.El Pueblo Gallego, 22-11-1950, p. 6. Despois foi presidente da Cámara Oficial Sindical Agraria de Pontevedra.
En 1953 foi vivir coa súa familia a Marcón, á granxa Garea, unha propiedade de seis hectáreas a carón do río do Marco que pertencera a Luis Rodríguez de Viguri."Granja Garea, la historia de un yogur", artigo de Milagros Bará en Diario de Pontevedra, 10 de setembro de 2017 .
Vida persoal Casou coa súa curmá Eugenia Fraga Fernández, filla de Eugenio Fraga Padín, en febreiro de 1935,El Pueblo Gallego, 15-2-1935, p. 3. e tivo once fillos: Eugenio, Luis Manuel (Chiras), Lucila, Juan, Eugenia, Salustiano (Tano), Enrique, Francisco, Socorro, Encarna e María del Carmen (Maca).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Alcaldes de Cambados dende 1909 ata 2008
Categoría:Alcaldes de Cambados Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes