dereita|miniatura|Portada do primeiro número de Anales de la Sociedad Española de Física y Química, primeira publicación da sociedade precursora da RSEQ
A Real Sociedad Española de Química (RSEQ) é unha sociedade científica española adicada ó desenvolvemento e divulgación da química, tanto no seu aspecto de ciencia pura como no das súas aplicacións. Ten a súa orixe en 1980 trala escisión da Real Sociedad Española de Física y Química que á súa vez foi fundada en 1903.
A finalidade da RSEQ é "facilitar o avance e a mellora da actividade científica, docente, investigadora e profesional nos eidos das ciencias químicas e a enxeñaría química".
A RSEQ é membro de EuCheMS (European Association for Chemical and Molecular Sciences) unha organización sen ánimo de lucro, fundada en 1970, que promove a cooperación entre sociedades científicas e técnicas europeas no eido da química.About EuCheMS. European Association for Chemical and Molecular Sciences.
Presidentes da RSEQ 1980-84: Joaquín Hernáez Marín 1985-88: Francisco Fariña Pérez 1989-92: Eldiberto Fernández Álvarez 1993-96: Juan Antonio Rodríguez Renuncio 1997-01: Carlos Pico Marín 2001-06: Luís A. Oro Giral 2006-12: Nazario Martín León 2012- : Jesús Jiménez Barbero
Notas
Categoría:Química Categoría:Sociedades científicas