Sitta cinnamoventris é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae nativa do subcontinente indio, concretamente de Bután, a India, Nepal e o Tíbet.
Descrición e hábitat miniatura|esquerda|Espécime macho en Uttarakhand. O seu hábitat natural son os bosques secos tropicais ou subtropicais, bosques húmidos de terras baixas tropicais ou subtropicais, e bosques de montaña húmidos tropicais ou subtropicais.
Esta especie foi dividida por Rasmussen e Anderton (2005)Rasmussen, PC; Anderton, J (2005). The Birds of South Asia:The Ripley Guide. Smithsonian Institution & Lynx Edicions. nas especies S. castanea e S. neglecta.
S. cinnamoventris é unha agatuñadeira moi similar aos anteriores pero cun peteiro máis pesado, o píleo e o ventre teñen os mesmos tons. As marcas das ás e da cola contrastan co prateado das puntas das plumas primarias, as cobertoiras inferiores son anegradas e a cola ten grandes manchas brancas baixo ela. A cor branca das cobertoiras do oído non se estende ata o queixo, ao contrario que nas anteriores. A raza almorae do Nepal e S. himalayensis teñen partes inferiores máis claras; a femia da raza koelzi do Himalaia oriental é máis escura que a doutras razas. Vive nos montes Murree nos límites do Uttaranchal, esténdese ata oval de Assam, e Arunachal Pradesh nos outeiros de Lushai.
Taxonomía Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional e Alan P. Peterson, existen catro subespecies: S. c. almorae , nas altitudes baixas e oeste do centro do Himalaia; S. c. cinnamoventris , nas altitudes máis baixas da cordilleira do Himalaia oriental ata o sur da China e o nordeste de Birmania; S. c. koelzi , no nordeste da India e o oeste de Birmania; e, S. c. tonkinensis , no sur da China e norte de Indochina.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitta cinnamoventris e a súa distribución en Avibase. Sitta cinnamoventris Blyth, 1842 en Catalogue of Life .
Categoría:Sítidos Categoría:Animais descritos en 1842