SpriteSat, tamén coñecido como RISING ou Raijin despois de ser posto en órbita, foi un satélite artificial da Universidade de Tohoku lanzado o 23 de xaneiro de 2009 mediante un foguete H-IIA desde oCentro Espacial de Tanegashima para estudar os sprites e os raios gamma das tormentas terrestres.

Características SpriteSat ten unha masa duns 50 kg e forma de cubo de 50 cm de lado. Estabilízase mediante gradente gravitatorio grazas a un mastro que sae dunha das caras do satélite. Fallou despois de só 12 días en órbita.

Notas

Véxase tamén Outros artigos H-IIA

Categoría:Satélites artificiais