Sitta frontalis é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae, as agatuñadeiras. Distribúese ao longo do sur de Asia por Paquistán, a India e Sri Lanka e cara ao leste e sur da China e Indonesia.
Descrición e hábitat
miniatura|225px|esquerda É unha especie que vive en todo tipo de bosques da súa área, aínda que o bosque de folla perenne aberto é o seu hábitat óptimo.
Ten a capacidade, igual que outras agatuñadeiras, de gabear polas árbores, incluso descendendo cabeza abaixo, a diferenza dos petos que só pode escalalos. Aliméntase activamente de insectos e arañas, e pode encontrarse alimentándose en bandadas con outros paseriformes.
A especie é unha típica agatuñadeira de cor azul con cabeza grande, cola curta e bico e pés prominentes. Chega a medir 12,5 cm de longo e é de cor azul violáceo nas partes superiores, con cara de cor lavanda, partes inferiores de cor beixe e unha gorxa abrancazada. O bico é de cor vermella moi distintivo, único caso desa cor na familia, e ten unha mancha negra na fronte.
O macho ten unha lista superciliar negra, pero as femias carecen dela e teñen unha cor máis cálida na rexión inferior. Os xoves son versións máis apagadas do adulto. Hai catro variacións diferentes de sombreado das partes inferiores e a extensión do branco na gorxa tamén varía.
Os niños están en buratos ou gretas de árbores, forrados de musgo, pelame e plumas ou herbas. Ocasionalmente, esta agatuñadeira necesita agrandar o burato, pero se o burato é moi grande pode reducir o tamaño da súa entrada construíndo unha parede de barro. A femia pon de tres a seis ovos brancos, salferidos de vermello.
É un paxaro ruidoso, xa que a súa chamada consta dun repetido «sit-sit-sit».
Taxonomía Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional e Alan P. Peterson, existen cinco subespecies: S. f. frontalis , no centro do Himalaia e da India e Indochina; S. f. saturatior , na península de Malaca, norte de Sumatra e illas conexas; S. f. corallipes (), en Borneo; S. f. palawana , en Palawan (Filipinas occidental); e, S. f. velata , no sur de Sumatra e Xava.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Grimmett, Inskipp e Inskipp. Birds of India . ISBN 0-691-04910-6. Harrap e Quinn. Tits, Nuthatches and Treecreepers . ISBN 0-7136-3964-4.
Ligazóns externas Sitta frontalis e a súa distribución en Avibase. Ficha na UICN . Sitta frontalis Swainson, 1820 en Catalogue of Life . Ficha en Animal Diversity Web . Sitta frontalis Swainson, 1820 en uBio .
Categoría:Sítidos Categoría:Animais descritos en 1820