Soiuz TM-23 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 21 de febreiro de 1996 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TM-23, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Iuri Onufriienko e Iuri Usachov a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación. Reiter foi o primeiro astronauta europeo nunha misión de longa duración.

Durante a misión recibiu a visita da misión STS-76, da Progress M-31, da Progress M-32 e da Soiuz TM-24.

A Soiuz TM-23 regresou a terra o 2 de setembro de 1996 ás 7:41 GMT a uns 100 km ao suroeste de Akmola (Kazakhstán).

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Soiuz TM-22 Soiuz TM-24

Notas

Categoría:Programa Soiuz