Jill Clayburgh, nada en Nova York o 30 de abril de 1944 e finada en Salisbury (Connecticut) o 5 de novembro de 2010 foi unha actriz estadounidense. Foi recoñecida como mellor actriz no Festival de Cannes de 1978 polo seu papel en An Unmarried Woman e foi candidata ao premio Óscar en dúas ocasións.

Traxectoria Clayburgh asistiu ás mellores escolas grazas á boa situación económica da súa familia. Nunha delas tomou a decisión de ser actriz e estudou no Charles Street Repertory Theater de Boston para trasladarse de novo a Nova York a finais da década de 1960, actuando en varias obras teatrais de Broadway.

En 1970 comezou a súa carreira cinematógrafica, e en 1972 conseguiu o seu primeiro papel importante. Uns anos máis tarde converteuse nunha actriz célebre grazas á súa interpretación en An Unmarried Woman, pola que logrou unha candidatura ao Oscar á mellor actriz. Conseguiu a segunda candidatura pola súa actuación en Starting Over, mais despois dun novo éxito en 1982 a súa carreira no cinema declinou.

A partir dese momento apareceu en filmes con orzamentos baixos, mais traballou intensamente e con éxito en telefilmes e miniseries. Tamén continuou a actuar asiduamente no teatro, medio en que sempre tivo un sólido recoñecemento do público e da crítica.

Faleceu aos 66 anos vítima da leucemia na súa casa de Connecticut.Jill Clayburgh, actriz dos veces nominada al Oscar

Vida privada Clayburgh foi parella sentimental de Al Pacino durante cinco anos. En 1979 casou co guionista e dramaturgo David Rabe, co que tivo dous fillos.

Filmografía Bridesmaids (2011) Love and Other Drugs (2010) Running with scissors (2006) Falling (2001) Never Again (2001) Fools Rus In (1997) Going All the Way (1997) Naked in New York (1993) Rich in Love (1993) Day of Atonement (1992) Whispers in the Dark (1992) Pretty Hattie's Baby (1991) Beyond the Ocean (1990) Shy People (1987) Where Are the Children? (1986) Hanna K. (1983) I'm Dancing as Fast as I Can (1982) First Monday in October (1981) Agora tócame a min (1980) A Lúa (1979) Starting Over (1979) An Unmarried Woman (1978) Semi-Tough (1977) Silver Streak (1976) Gable and Lombard (1976) The Terminal Man (1974) The Thief Who Came to Dinner (1973) Portnoy's Complaint (1972)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Jill Clayburgh - Downstage Center (entrevista)

Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Nova York Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Finados por leucemia