O aeroporto de Jersey é un aeroporto menor británico situado na parroquia de Saint Peter, a 7,4 quilómetros ao oeste de Saint Helier en Jersey, nas illas da Canle.
Historia Os servizos aéreos a Jersey antes de 1937 consistían en avións de pasaxeiros biplanos e algúns hidroavións que amaraban na praia da baía de Saint Aubin. Jersey Airways e Imperial Airways estaban entre as aeroliñas que operaban na illa antes da segunda guerra mundial, pero as condicións eran difíciles e os horarios dependían das mareas. Tamén era difícil previr aos habitantes para que non cruzasen a zona de aterraxe, e calquera avión cun problema mecánico tiña que ser arrastrado ás bancadas ata que a marea retrocedese.
O Estados de Jersey decidiron construír un aeroporto que se inauguraría o 10 de marzo de 1937 con catro pistas de herba, tendo a máis grande delas 896 metros cunha liña central de formigón. Durante a ocupación por parte da Luftwaffe durante a guerra, engadíronse pistas de rodaxe de formigón. A Luftwaffe tamén construíu hangares e un deles, o hangar de Jersey Airlines, aínda existe a día de hoxe aínda que sen uso. No ano 1952 inaugurouse unha pista de tarmac de 1 280 metros e pecháronse as pistas de herba. Unha característica do aeroporto nos anos 50 foi o sistema de control de tráfico; colocáronse semáforos para evitar que os coches usasen a estrada de Les Quennevais ao aeroporto cando os avións se trasladaban dende ou cara ao hangar usado por B.E.A.
A pista alongouse varias veces ao longo dos anos, acadando a súa lonxitude actual de 1 690 metros no ano 1976. Anos despois engadíronse máis pistas de rodaxe para mellorar o acceso cara a un dos extremos da pista. Porén, debido á súa restrinxida lonxitude, en outubro de 2007 Thomsonfly anunciou que eliminaría algúns servizos cando introducise o máis grande Boeing 737-800 á súa frota. A pista 09/27, designada así en 1952, cambiou a súa designación a 08/26 en outubro de 2014 debido a un cambio nos polos magnéticos da Terra.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Notas
Jersey