O Medina A Coruña foi un equipo de baloncesto feminino da cidade da Coruña. Traxectoria Fundado en 1943 ao abeiro da Sección Feminina na Coruña, sendo o equipo que iniciou a práctica do baloncesto en categoría feminina na cidade.
O Medina A Coruña estivo activo sobre todo nas décadas de 1960 e 1970, e chegou a ser campión da Liga de baloncesto feminino de España no ano 1966. En 1960, adestrado polo xornalista Manuel Fernández Trigo, conseguiron a terceira praza no Campionato de España e en 1961 quedaron campioas de España na final de San Sebastián ao derrotar o CREFF de Madrid (club tamén vencellado á Sección Feminina). A vitoria de 1961 deulles opción a disputaren a Copa de Europa de Baloncesto feminino de 1962, onde derrotaron nun triangular primeiro o Sport Lubango e Benfica de Angola, que representaba a Portugal e despois o Casablanca (Marrocos) (41-25). Logo, en cuartos de final, caeron contra o Radnički de Belgrado, daquela Iugoslavia (81-35 e 19-57). Deste xeito o equipo coruñés converteuse no primeiro equipo galego en disputar unha competición europea.
Logo de conseguir a Liga Feminina de España en 1966 volveu participar en competicións europeas. Neste caso debían enfrontarse de novo ao Lubango e Benfica, que non se presentou na Coruña, polo que se lle deu a vitoria ao Medina por 20-0, e despois caeron derrotadas polo Recoaro AS de Vicenza (30-56 e 45-67) en oitavos de final.
Con algunhas das súas antigas xogadoras xa no Club Tabacalera A Coruña, o Medina acabaría fusionándose con este a mediados da década dos setenta. En xeral, os últimos clubs Medina desaparecen ou mudan de nome no ano 1977.
Nome O nome do club víña da súa orixe no Círculo Medina da Sección Feminina (pola vila castelá onde naceu Isabel I de Castela e tiña a súa sede a sección Feminina). Había outros equipos en España que compartían ese nome.
Xogadoras destacadas Maribel Gómez Frutos Gelines Porto Marita Millán
Tempada a tempada TempadaCategoríaPosto1963/64Primeira divisiónPrimeira Fase: 4ª no grupo A.1964/65Primeira divisiónPrimeira Fase: 3ª no grupo A.1965/66Primeira divisiónCampioas.1966/67Primeira división2ª1967/68Primeira división3ª1968/69Primeira división2ª1969/70Primeira división2ªTempadaCategoríaPosto1970/71Primeira divisiónPrimeira fase: 3ª no grupo A1971/72Primeira división12ª e descende a Segunda división1972/73Segunda división3ª: promove a Primeira, pero non ascende.1973/74Segunda división2ª: promove a Primeira, e ascende porque renuncian dous clubs.1974/75Primeira división11ª: descende.1975/76Segunda división
Notas
Categoría:Equipos de baloncesto de Galicia Categoría:Deporte na Coruña