Este artigo trata da infanta filla de Berenguer Ramón I, conde de Barcelona (1005-1035). Para outra nobre do mesmo nome, raíña consorte da Coroa de Aragón (1377-1387), véxase Sibila de Fortià.
Sibila de Barcelona, nada en 1035 e finada en Barcelona despois do 6 de xullo de 1074, foi unha infanta de Barcelona e, despois do seu matrimonio, condesa consorte de Borgoña.
Orixes familiares Foi a derradeira filla do conde de Barcelona, Berenguer Ramón I el Corbat ("o Curvado") e de Xisela de Lluçà,Condes de Barcelona en Medieval Lands .Berenguer Ramon "el Curvo" of Barcelona en genealogy . filla do señor de Lluçà e de Villanova Sunifredo II e da súa terceira esposa, Ermesinda de Balsareny.Guisle de Balçareni en geneanet.org .
Era neta por liña paterna do conde Ramón Borrell e Ermesenda de Carcasona. Foi irmá, por parte do pai, do tamén conde de Barcelona Ramón Berenguer I.Sibila de Barcelona en geneanet.org .
Traxectoria Sibila probabelmente coñeceu ao seu futuro esposo, Henrique de Borgoña, chamando Donzel ou le Damoiseau,Henri de Bourgogne, le Damoiseau en Medieval Lands] .</ref> e ao pai deste, Roberto I, príncipe francés da dinastía dos Capetos e primeiro duque de Borgoña de dita casa, conde de Charolais, Langres e de Auxerre, cando se traladaron desde Borgoña á península Ibérica para loitaren na cruzada contra os musulmáns.
Ao redor de 1055, en Barcelona, Sibila casou con Henrique de Borgoña o Doncel,Outras fontes din que o casamento foi en 1057. fillo segundoxénito do duque de Borgoña Roberto I e de da súa esposa Hélie de Semur, filla de Dalmacio I, señor de Semur, e de Aremburga de Vergy.Hélie de Semur en geneanet.org .
Non se coñece o ano exacto da morte de Sibilla, soamente que a derradeira vez que aparece citada foi nun documento datado no 6 de xullo de 1074.
Foi sepultada na Capela do Sagrado Corazón (Sacré-Cœur) da Catedral de Santo Estevo de Besançon, hoxe Catedral de San Xoán de Besançon, templo fundado por Carlomagno no século IX e lugar habitual de enterramento dos condes do Franco Condado (ou Condado de Borgoña),<ref>Quinnez, Joseph (1914): Les peintres et la cathédrale de Besançon, Éditions Jacques et Demontrond, pp. 70-71. que por iso de coñece tamén como a Capela dos Condes.
Descendencia miniatura|200px|As dúas catedrais de Besançon, San Xoán e San Estevo.
Sibila e Henrique de Borgoña tiveron sete fillos:Dinastía de Borgoña en Medieval Lands . Hugo I de Borgoña (1057 - 1093), conde de Borgoña. Odón I de Borgoña (1058 - 1103), conde de Borgoña. Roberto (1059 - 1111), bispo de Langres Hélie (c. 1061 - ?), monxa Beatriz (c. 1063 - ?), casou con Guido I, conde de Vignory. Rexinaldo (1065 - 1092), abade de St. Pierre de Flavigny (no Franco Condado). Henrique de Borgoña (1066 - 1112), vasalo de rei de Galicia, de León e de Castela polo seu casamento, en 1093, con Tareixa, filla ilexítima de Afonso VI. O rei concedera o goberno do territorio de Galicia a Raimundo de Borgoña, casado coa súa outra filla Orraca; pero ante a presión dos almorábides, separou a parte sur fundando o Condado de Portugal, que confiou a Henrique e Tareixa; o fillo destes Afonso Henriques sería o primeiro rei de Portugal desde 1139.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Richard, Jean (1954): "Les ducs de Bourgogne et la formation du duché du XIe au XIVe siècle". París: Société "les Belles-Lettres". (Publicacións da Universidade de Dijon, XII). Sòria i Ràfols, Ramon (1989): Diccionari Barcanova d'història de Catalunya. Barcelona: Barcanova. ISBN 978-84-7533-457-8.
Outros artigos Ducado de Borgoña Franco Condado
Ligazóns externas Sibila de Barcelona en geneanet.org .
Categoría:Condes de Barcelona Categoría:Historia de Cataluña Categoría:Personalidades de Cataluña