Asghar Farhadi, en , , nado en Khomeyni Shahr o é un director de cinema e guionista iraniano. Recibiu diversos recoñecemtos, entre eles un Globo de Ouro e dous premios Óscar polos seus filmes Jodaí-e Nadér az Simín e Forušande; ademais, en 2012 foi incluído dentro da listaxe das 100 persoas máis influentes do mundo segundo a revista Time.
Traxectoria Asghar Farhadi graduouse en teatro, cun BA en Artes Dramáticas e un mestrado en Dirección na Universidade de Teherán e na Universidade Tarbiat Modarrés. Realizou curtametraxes en 8 e 16 milímetros na filial da Sociedade Iraniana de Novos Cineastas en Isfahán, antes de realizar obras e guións para IRIB (a radiotelevisión estatal iraniana). Tamén dirixiu series de televisión como Dastan-e yek shahr e coescribiu o guión de Ertefa-e past, dirixida por Ebrahim Hatamikia.
Raghs dar ghobar foi o seu debut como cineasta, ao que seguiu o aclamado Shahr-e ziba . O seu terceiro filme, Chaharshanbe Suri, gañou o premio Hugo de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Chicago do 2006. A súa cuarta película, Dar bāre-ye Elly gañou o Oso de Prata ao mellor director no quincuaxésimo noveno Festival Internacional de Cinema de Berlín, ademais do premio á mellor fotografía no Festival de Cinema de Tribeca.
Filmografía Ano FilmeTítulo en inglés Acreditado como Notas Director Produtor Guionista 2002 Ertefa'e PastLow Heights Coescrito con Ebrahim Hatamikia 2003 Raghs dar ghobarDancing in the DustCoescrito con Alireza Bazrafshan e Mohammad Reza Fazeli 2004 Shahr-e ZibaThe Beautiful City 2006 Chaharshanbe SuriFireworks Wednesday Coescrito con Mani Haghighi 2007 Canaan Coescrito con Mani Haghighi 2008 Dayere ZangiTambourine 2009 Mohakeme dar khiabanTrial on the StreetCoescrito con Masoud Kimiai 2009 Dar bāre-ye EllyAbout Elly 2011 Jodaí-e Nadér az SimínA SeparationA Separation foi o primeiro filme iraniano que gañou o Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa. Ademais foi candidato ao oscar ao mellor guión orixinal. 2013 GozašteThe Past 2016 ForušandeThe SalesmanThe Salesman gañou o Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa en 2017. Porén, Farhadi non asistiu á 89ª edición dos Oscar en protesta pola orde executiva 13769 dos Estados Unidos. 2018 Todos lo sabenEverybody KnowsProtagonizada por Penélope Cruz, Javier Bardem e Ricardo Darín.2021 GhahremanA Hero
Notas
Categoría:Directores de cinema de Irán Categoría:Nados en Teherán Categoría:Nados en 1972 Categoría:Guionistas de Irán Categoría:Directores de televisión