A Oudemanhuisbrug é unha ponte de arco de pedra de cachotaría que une as dúas beiras da canle Voldersgracht, na zona vella da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.
A ponte foi declarada monumento nacional (Rijksmonument) en 1967."Oudemanhuisbrug in Delft". En Rijksmonumenten.nl (en neerlandés)
Historia Fronte a esta ponte construírase en 1411 un fogar de anciáns denominado Oudeman huis ("Casa do vello"), que lle deu o nome á ponte e á rúa que pasa por ela.
Xa no século XVII estableceuse ao pé da ponte, na beira oeste da canle, o gremio de artistas e artesáns de San Lucas, a zona onde pasou a súa vida e onde estableceu o seu estudio o pintor Johannes Vermeer, nado en Delft e moi vinculado a esta cidade.
Descoñécese a data de construción da ponte, aínda que hai datos de que en 1885 tivo unha ampliación."Oudemanhuisbrug over Voldersgracht t.o. oudemanhuissteeg, Delft". En Drimble.nl (en neerlandés)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Delft Canle Voldersgracht (Delft)
Bibliografía Visser. Delfts Bruggen. Waltman. Delft. 1957. Delft over bruggen. Deltech. Delft, 1997, Páxina 110. [ISBN 9075095341]
Ligazóns externas Catalogación do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés) Localización das pontes de Delft en Google.com
Categoría:Arquitectura en Delft Categoría:Pontes dos Países Baixos Categoría:Rijksmonument