Léon Joseph Marie Ignace Degrelle, nado en Bouillon (Bélxica) o 15 de xuño de 1906 e finado en Málaga o 31 de marzo de 1994, foi un político belga e oficial das Waffen SS, que rematou a súa vida en España.
Traxectoria Fundou nos anos 30 o movemento político Christus Rex (Rexismo), de inspiración católica e conservadora, radicalizou a súa posición nos anos seguintes, aproximándose ao fascismo. Combateu xunto ás forzas do Eixo na segunda guerra mundial na Lexión Valonia, unha unidade estranxeira adscrita ás Waffen SS. Encontrándose en Noruega cando se rendeu Alemaña, logrou escapar a España, onde o réxime de Franco o protexeu durante décadas da sentenza de morte por crimes de guerra pronunciada na súa contra. A concesión da nacionalidade española librouno de ser extraditado despois da fin do franquismo, e dedicou os seus últimos anos a escribir diferentes obras. Foi líder dos nacionalsocialistas de España. Ademais, participou na reorganización dos nacionalismos en Europa contribuíndo ao fortalecemento dos novos partidos políticos de extrema dereita. Durante a súa estadía en España viviu baixo o nome falso de José León Ramírez Reina.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nazis Categoría:Nados na provincia de Luxemburgo Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1994