Soniko-dB e un dúo galego de disk jockeys formado por DJ Goro e DJ Christian (posteriormente coñecido como Christian Soniko).
Historia A andaina do grupo comeza en 1998 cando Goro e Christian crean o grupo D-Dilleis co que apareceran as súas primeiras producións Bota e Scream. En 2001 aparece a súa primeira produción baixo o novo nome Soniko-dB, Are you afraid?, co que se abre unha nova etapa na que Goro e Christian traballan como picadiscos residentes as noites do sábado na discoteca LP45 de Ordes e gañan popularidade por toda Galiza e o resto do estado español. O segundo vinilo en aparecer titúlase Tonos, discoteca de Boiro na que daquela Goro traballaba como residente os domingos pola tarde, do cal a canción "Blind Beat" será incluída no compilatorio Professional DJ's editado por Tempo Music.
En maio de 2002 o dúo actúa no programa Música Sí de TVESoniko-dB en MUSICA SÍ (TVE1). Ese mesmo mes publican a canción máis popular do grupo ao longo do tempo, GZ, que é unha versión progressive da canción popular galega A sementeira. En 2003 aparece Ultrasoniko que se converte nun éxito de vendas e aparece en diversos compilatorios. A partir desta época o grupo recibe nomeamentos a diversos premios en revistas especializadas en música electrónica. No ano 2004 publican Supersoniko, que será a derradeira produción do grupo antes da súa disolución en 2006.
A partir de entón Goro e Christian continuaron as súas carreiras por separado. Dende aquela o grupo reuniuse só en 2014 e no 2019 polo 30 aniversario de Dj Goro para ofrecer unha única actuación.
Discografía Como D-Dilleis: Bota (1999, sinxelo, CD) Scream (2000, sinxelo, CD)
Como Soniko-dB: Soniko-dB (2001, maxi vinilo) Tonos (2001, maxi vinilo) GZ (2002, maxi vinilo) Ultrasoniko (2003, maxi vinilo) Supersoniko (2004, maxi vinilo)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Antiga web de Soniko-dB Web de DJ Goro Web de Christian Soniko
Categoría:Compositores de música electrónica Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Música de Galicia sen imaxes