Soiuz T-15 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 13 de marzo de 1986 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz T-15, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Leonid Kizim e Vladimir Soloviov a bordo, foi unha misión lanzada para ser a primeira en acoplarse coa estación espacial Mir e viaxar logo á estación Saliut 7, converténdose na primeira nave espacial en viaxar entre dúas estacións espaciais.

A bordo da Mir a tripulación adicouse a facer diversos experimentos científicos e tecnolóxicos. O 17 de abril a estación manobrou para asemellar a súa órbita á da Saliut 7, cunha separación de 4000 km. O 5 de maio, tras seis semanas a bordo da Mir, Kizim e Solovyov partiron na Soiuz T-15 cara a Saliut 7 nunha misión para reparala e poñela en marcha. Os cosmonautas acopláronse manualmente coa Saliut 7 e atopárona xeada e sen enerxía eléctrica. Tras un duro traballo conseguiron recuperar enerxía e restaurar o sistema de mantemento de vida, así como recuperar experimentos deixados a bordo pola tripulación anterior. A Soiuz T-15 deixou a estación o 25 de xuño tras 51 días acoplada á Saliut 7, regresando á Mir ao día seguinte, levando consigo 400 kg de material científico.

Os cosmonautas regresaron a terra o 16 de xullo de 1986 ás 12:34 GMT, a uns 55 km ao nordeste de Arkalyk (Kazakhstán).

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz T Saliut 7 Estación espacial Mir

Notas

Categoría:Programa Soiuz