De aquí á eternidade (en ) é un filme estadounidense dirixido por Fred Zinnemann e baseado na novela homónima de James Jones. O filme conta a historia de tres soldados estadounidenses, interpretados por Burt Lancaster, Montgomery Clift e Frank Sinatra, que están en Hawai nos meses previos ó ataque de Pearl Harbor. Deborah Kerr e Donna Reed interpretan as mulleres nas súas vidas, e os actores secundarios inclúen a Ernest Borgnine, Philip Ober, Jack Warden, Mickey Shaughnessy, Claude Akins e George Reeves.

O filme gañou oito Premios Oscar dos trece nomeamentos que tiña, incluíndo os premios de mellor filme, mellor director (Fred Zinnemann), mellor guión adaptado, mellor actor secundario (Frank Sinatra), e mellor actriz secundaria (Donna Reed)."The 26th Academy Awards (1954) Nominees and Winners." Oscars.org. Consultado o 20 de decembro de 2015.. O título orixinal do filme provén dunha cita do poema de Rudyard Kipling "Gentlemen-Rankers", sobre soldados do Imperio Británico que "perderan o seu camiño" e estaban "malditos de aquí á eternidade". No ano 2002, From Here to Eternity foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".

Estreouse en galego o 26 de febreiro de 1994 a través da TVG.

Personaxes

Burt Lancaster como Sarxento Milton Warden Montgomery Clift como Soldado Robert E. Lee "Prew" Prewitt Deborah Kerr como Karen Holmes Donna Reed como Alma Burke / Lorene Frank Sinatra como Soldado Angelo Maggio Philip Ober como Capitán Dana "Dynamite" Holmes Mickey Shaughnessy como Sarxento Leva Harry Bellaver como Soldado de primeira clase Mazzioli Ernest Borgnine como Sarxento James R. "Fatso" Judson Jack Warden como Buckley John Dennis como Sarxento Ike Galovitch Merle Travis como Soldado Sal Anderson Tim Ryan como Sarxento Pete Karelsen George Reeves como Sarxento Maylon Stark Claude Akins como Sarxento 'Baldy' Dhom Alvin Sargent como Nair Robert J. Wilke como Sarxento Henderson Carleton Young como Coronel Ayres Arthur Keegan como Treadwell Barbara Morrison como Mrs. Kipfer Joseph Sargent como soldado Tyler McVey como Maior Stern Jean Willes como Annette, recepcionista do club (uncredited)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1953 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Fred Zinnemann Categoría:Filmes de guerra dos Estados Unidos de América Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes ambientados en Hawai Categoría:Filmes ambientados en 1941 Categoría:Filmes rodados en Honolulu Categoría:Filmes sobre o exército dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1953 con versión en galego