It Happened One Night é un filme estadounidense dirixido e coproducido por Frank Capra, en colaboración de Harry Cohn. O argumento baséase na historia curta de 1933 "Night Bus", de Samuel Hopkins Adams. It Happened One Night foi o primeiro filme en gañar tódolos cinco grandes Oscars (mellor filme, director, actor, actriz e guión). En 1993, It Happened One Night foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América, por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo"."National Film Registry." Library of Congress. Consultado o 28 de outubro de 2011. No 2013, o filme tivo unha restauración extensiva."Restoring the Frank Capra Classic, It Happened One Night." CreativeCOW.net. Consultado o 16 de abril de 2014."Colorworks completes brilliant 4K restoration of Frank Capra classic 'It Happened One Night'." Shoot, 18 de novembro de 2013. Consultado o 16 de abril de 2014.

Personaxes Clark Gable como Peter Warne Claudette Colbert como Ellen "Ellie" Andrews Walter Connolly como Alexander Andrews Roscoe Karns como Oscar Shapeley Jameson Thomas como "King" Westley Alan Hale como Danker Arthur Hoyt como Zeke Blanche Friderici como muller de Zeke Charles C. Wilson como Joe Gordon

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1934 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Frank Capra Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes sobre xornalistas Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes preservados no National Film Registry