Tareixa Sanches de Portugal O.S.B., tamén chamada no seu tempo Tarasia ou Tareja e, máis tarde, coñecida en Portugal como a Infanta-Rainha ou a Rainha Santa Teresa, nada en Coímbra o 4 de outubro de 1176 e finada en Lorvão o 18 de xuño de 1250, foi unha infanta portuguesa, raíña de Galiza e León polo seu casamento con Afonso VIII.

Era filla de Sancho I de Portugal, fillo de Afonso Henriques e de Mafalda de Savoia, coñecido como o Poboador polo estímulo co que apadriñou a repoboación dos territorios do país, fundando, entre outras vilas, a cidade de Guarda e de Doce de Aragón, filla da raíña de Aragón, Petronila de Aragón e do conde de Barcelona Ramón Berenguer IV o Santo.

Traxectoria Matrimonio Casou o 15 de febreiro de 1191, en Guimarães, co seu primo irmán o rei Afonso VIII de León e Galicia,Casa de Ivrea-genealogy . filla do rei de Portugal, Sancho I e de Doce de Aragón,

Polas presións da igrexa, e polo feito de que o papa Celestino III, debido a este matrimonio entre primos irmáns, sen dispensa papal, excomungara ao monaca de León e pronunciara un interdito sobre o Reino de León, en 1195 a parella tivo que separarse e, en 1198, o matrimonio foi anulado, por consanguinidade, e Tareixa, en 1200, retirouse a un convento en Lorvão. pois ambos os contraentes eran netos dos reis de Portugal Afonso Henríques.Reis de Castela en Medieval Lands .

Querela con Afonso II de Portugal, seu irmán Á morte de Sancho I de Portugal, Tareixa debería recibir, segundo as disposicións testamentarias do seu pai, o castelo de Montemor-o-Velho, co resto do termo da vila, e todos as rendas alí producidas, podendo usar o título de raíña, ademais do de señora dese mesmo castelo.

Isto xerou unha loita co seu irmán Afonso II de Portugal que, desexando centralizar o poder, rexeitou o testamento do pai, impedindo á infanta-raíña recibir os títulos e as rendas a que tiña dereito. Se feito, estando casada co rei de León, Afonso II temía que estes títulos e rendas puidesen passar aos herdeiros do vasto patrimonio que o testamento lle legaba, creando así un problema á soberanía do rei de Portugal e dividindo o país case ao medio.

O testamento prevía tamén terras e castelos para as súas irmás Sancha e Mafalda, formándose un partido de nobres afectos ás infantas, liderado polo infante Pedro de Portugal, conde de Urgel, que se acolleu en León baixo a protección de Tareixa e tomou algunhas prazas transmontanas, pero que acabaría por ser derrotado; só coa morte de Afonso II, o seu fillo Sancho II resolveu o problema, concedendo as rendas dos castelos ás dúa tías, e nomeando os seus alcaides de entre os nomes que estas propuxeran, pedíndolles tan só que renunciasen ao título de raíñas. Así estabeleceuse finalmente a paz no reino, en 1223.

Querela sucesoria en León miniatura|200px|Retrato de Tareixa como beata.

Separada do seu marido regresou a Portugal, onde viviu o resto da súa vida no Mosteiro de Lorvão, convento beneditino; pouco tempo máis tarde, transformou o mosteiro en abadía cisterciense. Cando en 1214 faleceu o rei Afonso VIII de Castela, sucedeuno seu fillo Henrique, que morreu accidentalmente tres anos despois sen descendencia, e o trono de Castela foi ocupado por Fernando, neto de Afonso VIII e filo de Berenguela e de Afonso de León. As relacións entre León e Castela non foron todo o pacíficas que deberan, tendo en conta que ambos os reis eran pai e fillo e, cando en 1230 morreu Afonso VIII de León e Galicia, deixou disposto no seu testamento que o seu reino debería pasar ás fillas do seu primeiro matrimonio, Sancha e Aldonza, a pesar de que anteriormente se comprometera a deixar como seu sucesor a Fernando (ao que desherdou). Gorosterratzu, Javier: Don Rodrigo Jiménez de Rada, gran estadista, escritor y prelado, cap. XV.

O reino galaico dividiuse entón en dous bandos opostos: os partidarios de que ascendera ao trono a Fernando, que contaban co apoio do reino de Castela, e os de outorgaren a coroa a Sancha e Aldonza, que tiñan o apoio da Orde de Santiago, a cal recibira do rei Afonso o lugar de Castrotorafe co compromiso de que apoiara ás infantas; estas ascenderon ao trono co apoio da nobreza, pero o clero e a aristocracia opuxéronse, xa que preferían que os reinos de León e Castela se reunificaran baixo o rei Fernando. Fernando reclamou os dereitos que dicía ter pola súa condición de fillo do segundo matrimonio, dereitos que confirmou o papa Homorio III en 1218. Mentres as infantas foron recibidas como soberanas en Zamora, Fernando entrou en Toro, con apoio de parte do episcopado leonés.

miniatura|200px|O Mosteiro de Lorvão.

Ante a inminencia dunha guerra entre ambos os bandos, as dúas ex-esposas de Afonso, Tareixa e Berenguela, entrevistáronse en Valencia de Don Juan,Enrique Flórez, nas Memorias de las reynas catholicas, vol. I, páx. 346, sitúa a reunión en Valença do Minho. buscando unha solución pacífica para a cuestión sucesoria.

O acordo foi asinado en Benavente o 11 de decembro de 1230 (Concordia de Benavente). Segundo as condicións do acordo, as infantas renunciarían aos seus dereitos ao trono de León e, en troques, a cada unha delas se lle asignarían de por vida unha ducia de señoríos polos que percibirían unha renda anual de 15 000 marabedís,Algúns autores indican 15 000 dobras de ouro ou ducados. Segudo Eduardo Fuentes Ganzo: Moneda y crédito en el Reino de León (1000-1500) debían ser marabedís de a setenta diñeiros, que era a moeda corrente na época. que serían reducidos a 10 000 en caso de entraren en relixión e suspendidos en caso de matrimonio.Rodrigo Jiménez de Rada: De rebus hispaniae, cap. CCXXXI.Andrés Marcos Burriel: Memorias para la vida del santo rey Don Fernando III , capítulos XXVII ao XXX.

Últimos anos e morte miniatura|200px|Túmulo de Tareixa de Portugal na Igrexa do Mosteiro do Lorvão. Despois de solucionar esta querela dinástica, Tareixa retornou ao Mosteiro de Lorvão e, finalmente, tomou os votos conventuais despois de anos de vivencia como monxa. Aí morreu o 18 de xuño de 1250 por causas naturais.

Matrimonio e descendencia

Do seu matrimonio con Afonso VIII de León e Galicia naceron tres fillos:

Sancha (c. 1191-antes de 1243). Despois de dous intentos errados de matrimonio con Henrique I de Castela e Jean de Brienne, xunto coa súa irmá Aldonza, foi monxa no mosteiro cisterciense que fundou a súa nai en Villabuena, no Bierzo Baixo. Fernando Afonso (1192-agosto de 1214). Aldonza (1194-1248). Marchou coa súa nai a Portugal e despois foi monxa, canda a súa irmá Sancha, no Mosteiro de Villabuena.

Beatificación O 13 de decembro de 1705 foi beatificada, xunto coa súa irmá Sancha, polo papa Clemente XI, mediante a bula Sollicitudo Pastoralis Offici.Beata Sancha, virgen y fundadora en El Testigo Fiel . Consultada o 23 de outubro de 2017.Beata Teresa del Portogallo en Santi e Beati . En Portugal é venerada como beata, e mesmo como santa.

Oitenta e oito anos despois foi beatificada tamén a súa irmá Mafalda.

Antepasados de Tareixa de Portugal

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Fernandes Marques; Maria Alegria (2008): Estudos sobre a Ordem de Cister em Portugal. Coimbra: Estudos da Facultade de Letras da Universidade de Coimbra. ISBN 97-2772-019-6. Mattoso, José (2014): D. Afonso Henriques, 2ª ed. Lisboa: Temas e Debates. ISBN 978-97-2759-911-0. Rodrigues Oliveira, Ana (2010): Rainhas medievais de Portugal. Dezassete mulheres, duas dinastias, quatro séculos de História. Lisboa: A esfera dos livros. ISBN 978-98-9626-261-7.

Outros artigos Afonso VIII de León e Galicia Sancho I de Portugal Concordia de Benavente

Ligazóns externas Enrique Flórez: Memorias de las reynas catholicas, vol. I, páxs. 336 e ss.

Categoría:Historia de Portugal Categoría:Historia de Castela e León Categoría:Reino de Galicia Categoría:Dinastía de Borgoña Categoría:Beatos do catolicismo Categoría:Nados en Coímbra Categoría:Nados en 1176 Categoría:Finados en 1250 Categoría:Beneditinos Categoría:Nobres de Galicia do século XII Categoría:Nobres de Galicia do século XIII