O aeroporto internacional de Hurghada (IATA: HRG, ICAO: HEGN) é o aeroporto internacional da cidade de Hurghada en Exipto. Está situado a 5 km ao suroeste de El Dahar, o centro de Hurghada. É o segundo aeroporto máis concorrido do país tras o aeroporto do Cairo e é un importante destino de voos de vacacións principalmente procedentes de Europa.
Terminais O aeroporto conta a día de hoxe con dúas terminais de pasaxeiros: a Terminal 1 e a Terminal 2. A construción do novo complexo de terminais, valorado en 335 millóns de dólares, foi financiada principalmente polo Fondo Árabe para Desenvolvemento Económico. O ministro exipcio de aviación, Houssam Kamal, dixo que o aeroporto debería ser capaz de manexar 13 millóns de pasaxeiros anuais. O proxecto foi inaugurado polo presidente Abdel Fattah el-Sisi o 17 de decembro de 2014. A nova terminal ten unha superficie total de 92 000 metros cadrados en 3 niveis. A zona de saídas ten 72 mostradores de facturación e 20 portas de embarque.
Aeroliñas e destinos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web do aeroporto
Hurghada