A illa Drygalski é unha illa campo de xeo que ten 20´4 km de longo e elévase a 325 m no Mar de Davis do Océano Austral, 85 km ao norte da costa da Terra da Raíña Mary e 45 km ao nor-nordés de Cabo Filchner. A illa ten unha superficie de 220 km².

A illa Drygalski foi vista por primeira vez desde a costa continental da Antártida en novembro de 1912 por membros do Western Base Party da Expedición Antártica Australiana (1911-1914) e observada máis de preto desde a nave Aurora de Sir Douglas Mawson na viaxe de regreso a casa en xaneiro de 1914. Como se pensaba que a Illa Drygalski era a "Terra Alta de Drygalski", trazada polo Profesor Erich von Drygalski da Expedición Antártica Alemá (1901-1903) en 1902, o nome de Drygalski foi outorgado por Sir Douglas Mawson á illa.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Illas da Antártida Categoría:Illas deshabitadas