é un videoxogo arcade de 1982 desenvolvido por Nintendo. Primeiro apareceu en arcades, e, co paso da década de 1980, foi adaptado a numerosas plataformas, sendo o máis salientable Nintendo Entertainment System. É o segundo título da serie de videoxogos arcade de Donkey Kong. O título do xogo foi escrito como Donkey Kong Junior na versión de América do Norte. A súa estrela epónima, Donkey Kong Jr., tamén chamado sinxelamente Junior ou acurtado como DK Jr., tenta rescatar o seu pai Donkey Kong, que foi encarcerado. A prisión de Donkey Kong está gardada por Mario, na súa única aparición como antagonista nun videoxogo de Nintendo. Este xogo é a secuela de Donkey Kong, que conta con Mario como heroe e co pai de Junior como malvado.
Notas
Categoría:Videoxogos de 1982 Categoría:Videoxogos arcade Categoría:Videoxogos de Atari 2600 Categoría:Videoxogos de Atari 7800 Categoría:Videoxogos de Commodore 64 Categoría:Videoxogos de Famicom Disk System Categoría:Videoxogos de Nintendo Entertainment System Categoría:Videoxogos de plataformas Categoría:Videoxogos de Virtual Console para Nintendo 3DS