Máis aló do ben e do mal (en ) é un filme dramático dirixido por Liliana Cavani que se estreou en 1977. Está protagonizado por Dominique Sanda, Erland Josephson e Robert Powell. O filme conta a intensa relación que xurdiu entre Friedrich Nietzsche, Lou Salomé e Paul Rée na década de 1880.

É a segunda parte da "Triloxía alemá" dirixida por Liliana Cavani. En O porteiro de noite representou a conexión entre a perversión e o fascismo. Desta volta, representa a vida de Friedrich Nietzsche, un filósofo alemán que escribiu Also sprach Zarathustra e Jenseits von Gut und Böse.

Estreouse en galego o 1 de outubro de 2017 a través da TVG.

Personaxes Dominique Sanda como Lou Salomé Erland Josephson como Friedrich Nietzsche Robert Powell como Paul Rée Virna Lisi como Elisabeth Nietzsche Philippe Leroy como Peter Gast Elisa Cegani como Franziska Nietzsche Umberto Orsini como Bernhard Förster Michael Degen como Carl Andreas Amedeo Amodio como Doutor Dulcamara Carmen Scarpitta como Malvida Clara Algranti como Madame Thérèse

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1977 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes ambientados en Alemaña Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Italia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia Categoría:Filmes de 1977 con versión en galego