Larache (en bérber: Lleɛrayec, en árabe: العرايش) é unha cidade portuaria localizada no noroeste de Marrocos. É capital da provincia homónima. Situada na rexión Tánxer-Tetuán, dista uns 85 quilómetros de Tánxer e 105 de Tetuán. Atópase situada no litoral atlántico, na marxe esquerda do estuario do río Lucus.
Ten unha poboación de 125 008 habitantes. Nas súas inmediacións (na beira esquerda do estuario do Lucus) atópanse as ruínas de Lixus, un asentamento fenicio e posteriormente cartaxinés que se converteu máis tarde en colonia romana e parte da provincia romana de Mauritania Tinxitana.
Demografía
Clima Larache ten un clima mediterráneo con abundantes choivas. Os veráns son moderadamente cálidos e soleados, e os invernos húmidos e fríos. A cidade ten de media entre 700 e 800 milímetros de choiva ao ano. En canto ás temperaturas, entre 6 °C e 10 °C no inverno, e entre 27 °C e 35 °C no verán.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Fereres de Moryussef, Sara: Larache, crónica nostálgica. AIV, Caracas: AIV, 1996. López Enamorado, María Dolores. Larache a través de los textos: Un viaje por la literatura y la historia. Sevilla: Junta de Andalucía-Consejería de Obras Públicas y Transportes, 2004. ISBN 84-8095-372-1. Outros artigos Provincia de Larache Asedio de Larache Río Lucus
Categoría:Protectorado Español de Marrocos Categoría:Cidades de Marrocos