dereita|miniatura|A fonte das náiades na Piazza della Repubblica. Piazza della Repubblica é unha praza semicircular de Roma, no cumio do monte Viminal, próximo á estación de Termini. Nela atópase a basílica de Santa Maria degli Angeli e dei Martiri. Dende a praza comeza unha das rúas principais de Roma, Via Nazionale.
O antigo nome da praza, Piazza dell'Esedra, aínda común no presente, provén da exedra das termas de Diocleciano, que dan á praza a súa forma. Os pórticos que arrodean a praza foron construídos en 1887–98 por Gaetano Koch, en lembranza dos antigos edificios do lugar, mentres que a basílica de Santa Maria degli Angeli e dei Martiri que se atopa na praza está construída sobre unha das zonas das termas (o seu arquitecto Michelangelo empregou o tepidarium como unha das áreas do seu plano de cruz grega).
Véxase tamén Bibliografía Touring Club Italiano (2004). Roma, collana L'Italia. Willy Pocino (2004). Le curiosità di Roma. Roma: Newton & Compton Editori.
Categoría:Roma Repubblica