Soiuz 9 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 1 de xuño de 1970 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soyuz 9, unha Soiuz modelo 7K-OK cos cosmonautas A. Nikolayev (comandante) e Vitali Sevastianov (enxeñeiro de voo) a bordo, foi lanzada para unha misión de resistencia na que se puxo ao límite a capacidade da tripulación e da propia nave durante un voo de algo máis de dúas semanas, antes do lanzamento da primeira estación espacial da Historia, a Saliut 1. A finalidade era obter datos médicos, biolóxicos e técnicos durante o voo. A falta de exercicio dos cosmonautas pola falta de espazo no interior da nave e a rotación continua da nave para aforrar propelente e que inducíu mareo espacial na tripulación deixaron a Nikolayev e Sevastyanov en mal estado ao seu regreso, producindo resultados médicos e biolóxicos pouco útiles.

A cápsula tripulada volveu a terra o 19 de xuño de 1970 ás 11:59 GMT.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 11A511 Soiuz 7K-OK

Categoría:Programa Soiuz