Catarina de Castela, nada en Illescas, na actual provincia de Toledo, o 5 de outubro de 1422 e finada en Madrigal de las Altas Torres o 10 de setembro de 1424, foi unha infanta de Castela, filla primoxénita do rei Xoán II.
Como herdeira ao trono, foi xurada en 1423 como Princesa de Asturias, título que ostentou até a súa prematura morte.
Traxectoria Catarina naceu o 5 de outubro de 1422 en Illescas, sendo a primeira dos fillos do matrimonio entre Xoán II de Castela e a súa primeira esposa María de Aragón, e foi bautizada por Diego Gómez de Fuensalida, bispo de Zamora.
O rei dirixiuse á corte de Toledo, desde onde mandou chamar á raíña para que acudira coa súa filla. A infanta acabada de nacer debía ir a aquela cidade para ser recoñecida e xurada como princesa herdeira da Coroa. Xoán II ordenou, entón, que as Cortes se reuniran en Toledo, pero, debido a unha epidemia de peste, o rei non puido chamar aos procuradores. Por iso, partiron distintos cabaleiros en cuxas mans os representantes das cidades debían prestar o xuramento que non puideron realizar á princesa en persoa.Colmeiro, Manuel (1884): Cortes de los antiguos Reinos de León y de Castilla. Madrid: Real Academia de la Historia, 1861-1903 (Imp. y Estereotipia de M. Rivadeneyra). Así, a Infanta foi formalmente recoñecida como a sucesora ao trono do reino e proclamada como Princesa de Asturias polas Cortes de Toledo o 1 de xaneiro de 1423.VV. AA. (2001): Tratado de genealogía, heráldica y derecho nobiliario. Segundo curso de Licencia de la Escuela de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria. Madrid: Instituto Salazar y Castro, CSIC. Editorial Hidalguía. ISBN 84-0005-668-X.
A Crónica de los Reyes de Castilla describe o acto celebrado nunha sala do Alcázar de Toledo en xaneiro de 1423, da seguinte forma:Martín, José Luis (2003): Enrique IV de Castilla. Rey de Navarra, Príncipe de Cataluña . Hondarribia: Ed. Nere.
Para festexar estes acontecementos, celebráronse un torneo e varias xustas nunhas festas que duraron unha semana.
O 10 de setembro de 1424 faleceu Catarina en Madrigal de las Altas Torres, cando aída non cumprira os dous anos de idade. A morte da princesa de Asturias deixou como única herediera a súa irmá Lionor, que naquel entón tiñaa un ano, á espera de que a raíñ dera a luz ao fillo que esperaba. O 5 de xaneiro de 1425 nacería un varón, Henrique, que chegaría a ocupar o trono como Henrique IV.
A princesa Catarina está sepultada na Cartuxa de Miraflores (Burgos), xunto co seu pai e a súa segunda esposa, Isabel de Portugal.Pedro Aguado Bleye e Cayetano Alcazar Molina (1969): Manual de historia de España. Tomo I. Prehistoria. Edades antigua y media. Manual para la enseñanza secundaria y universitaria. Madrid: Espasa-Calpe.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Pérez de Guzmán, Fernán; Galíndez de Carvajal, Lorenzo (1779): Crónica del señor rey don Juan, segundo de este nombre en Castilla y en León. Imprenta de Benito Montfort. Risco, Manuel (1795): España sagrada. De la Iglesia exenta de Oviedo desde el medio del siglo XIV hasta fines del siglo XVIII. Tomo XXXVIII. Oficina de la viuda e hijo de Marín.
Categoría:Casa de Trastámara Categoría:Príncipes de Asturias Categoría:Infantes de Castela Categoría:Nobres de España Categoría:Nados en Illescas Categoría:Nados en 1422 Categoría:Finados en 1424 Categoría:Españois de ascendencia inglesa