Navia Rivas de Castro, nada en Boimorto o 24 de xullo de 1992, é unha cantante e política galega do BNG. É responsable internacional de Galiza Nova, integrante do consello nacional do BNG e concelleira polo mesmo partido en Santiago de Compostela.

Traxectoria É filla de Mini, deputado galego do BNG e cantautor, histórico membro de Fuxan os Ventos e fundador de A Quenlla.

No 2015, puxo música á campaña de Nós - Candidatura Galega para as Eleccións xerais de España de 2015 coa canción “Nós, porque este soño é necesario para un soño” en colaboración con Mini e NAO. A partir do 2016, participou en concertos de promoción da lingua galega xunto con artistas como Skandalo GZ e O Leo i Arremecághona! en xornadas organizadas polas mocidades do BNG. En 2020 colaborou no primeiro álbum de SonDaRúa, Combate eterno, no tema "Éxodo".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Navia Rivas en Galiza Nova

Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Nados en 1992 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela