A Piazza del Popolo é a meirande praza urbana de Roma. O nome en italiano quere dicir "Praza do Pobo", pero historicamente deriva das árbores do xénero Populus (populus en latín, pioppo en italiano) das cales toma o seu nome a Basílica de Santa María del Popolo, no recuncho nordeste da praza.
A piazza limita coa porta norte da murallas aurelianas, outrora a Porta Flaminia da Roma antiga, e hoxe chamada Porta del Popolo. Este era o punto inicial da Via Flaminia, a estrada cara a Ariminum (a moderna Rimini) e a máis importante ruta cara ó norte. Ademais, antes da era do ferrocarril, era a primeira vista do viaxeiro que chegaba a Roma. Durante séculos, a Piazza del Popolo foi un lugar onde se facían execucións, a derradeira das cales tivo lugar en 1826.
Véxase tamén Bibliografía Giedion, Siegfried, Space, Time and Architecture pp. 151–54 Thais-Rome: Fountains Ligazóns externas Roberto Piperno "Piazza del Popolo" Riccardo Cigola, "Piazza del Popolo"
Categoría:Roma Popolo