Terra de Alexandra (, Zemlya Aleksandry) é unha grande illa situada na Terra de Francisco Xosé no Óblast de Arkhanguelsk, Federación Rusa. Sen contar a separada e afastada illa Vitoria, é a illa máis occidental do arquipélago de Francisco Xosé.

Xeografía O punto máis alto da illa, é o cume de 382 m. Kupol Lunny (Купол Лунный) "Cúpula da Lúa", un gran glaciar cobre a maior parte da zona occidental da illa. No extremo occidental da zona glaciar occidental atópase o glaciar Nordenskiöld; outros glaciares na illa son o Glaciar Worcester e o Glaciar Payer. A parte norte da illa é conxelada e o seu extremo leste forma unha península que se estende cara ao sur, a península de Polyarnykh Letchikov. Esta península está cuberta pola Kupol Kropotkina (Купол Кропоткина), unha capa de xeo máis pequena. Hai tres lagos grandes na illa, incluíndo o Lago Utinoye (Lago Parrulo) e o lago Ledyanoye (Lago xeado).

Baía Dezhnev (Zaliv Dezhneva) atópase entre a parte occidental da illa e a península de Polyarnykh Letchikov. O cabo Thomas (Mys Tomasa) é o extremo meridional da península. A canle Cambridge (Proliv Kambritch) é un amplo estreito entre Terra Alexandra e Zemlya Georga.

No extremo sur esta illa ten dous cabos apuntando cara ao suroeste na súa costa máis meridional: Cabo Lofley e Cabo Ludlow. Cabo Mary Harmsworth, o cabo que mira cara ao oeste é o punto máis occidental do arquipélago de Francisco Xosé propiamente dito.

Historia e ecología Chamada Terra Alexandra na honra da Gran Duquesa Alexandra Pavlovna de Rusia (1783-1801), que se converteu en Arquiduquesa de Austria durante o seu matrimonio con Arquiduque Xosé de Austria, Palatino de Hungría. Terra Alexandra é tamén o lugar da base militar de Nagurskoye, a base militar máis ao norte de Rusia.

O navegante ruso Valerian Albanov do Svyataya Anna alcanzou o cabo Mary Harmsworth na terra Alexandra en 1914 logo dun calvario no xeo polar. O cabo Mary Harmsworth foi chamado así pola esposa de Alfred Harmsworth. Alfred Harmsworth, compañeiro da Royal Geographical Society (Sociedade Xeográfica Real)], foi o patrocinador principal da Expedición Polar de Frederick George Jackson de 1894 a Terra de Francisco Xosé.

Durante a segunda guerra mundial os alemáns estableceron unha estación meteorolóxica malograda na illa, chamada Schatzgräber ("Cazador de tesouros"). A maioría dos membros enfermaron de triquinose despois de comer carne crúa de oso polar. Os superviventes foron rescatados e o proxecto abandonado.

Nagurskoye é unha base rusa situada na illa na localización , no sitio da anterior estación meteorolóxica. Foi bautizada polo piloto pioneiro Jan Nagórski e serviu como unha das estacións meteorolóxicas máis importantes no arquipélago durante a guerra fría. Esta base ten unha pista de neve de 1500 m.. Un avión de carga Antonov An-72 estrelouse mentres aterraba en Nagurskoye o 23 de decembro de 1996.

miniatura|330px|Mapa orixinal da ruta tomada por Nansen e Johansen durante a súa expedición 1895-96 do Polo Norte. A costa sur de "Alexandra" está incluída no oeste.miniatura|335px|Terra Alexandra nun mapa de 1898 da terra de Francisco xosé que mostra as exploracións de Frederick G. Jackson.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Jackson-Harmsworth Polar Expedition

Categoría:Illas de Rusia Categoría:Illas do Océano Ártico