Eurowings GmbH é unha aeroliña alemá con sede en Düsseldorf que pertence totalmente ao Lufthansa Group. Serve unha rede de destinos domésticos e europeos ademais dalgunhas rutas de longo alcance e ten bases nos aeroportos de Berlín-Tegel, Colonia/Bonn, Düsseldorf, Hamburgo e Viena-Schwechat.
Eurowings pasou por unha gran transformación en anos recentes. Foi parte de Lufthansa Regional ata outubro de 2014. Nese tempo comezou a operar para Germanwings dentro da súa rede. Dende a primavera de 2015 Eurowings foise transformando nunha aeroliña de baixo custo tanto en voos de curto alcance como de longo. En outubro dese ano tamén comezou a incorporar a rede de rutas de Germanwings como parte da fusión das dúas marcas.
Frota En xullo de 2017 a frota de Eurowings estaba formada polos seguintes avións:
+ Eurowings fleetAviónEn servizoPedidos PasaxeirosNotas C Y TotalAirbus A319-10011—12126138operados por Air BerlinAirbus A320-2004381216217419 operados por Air Berlin 1 con librea especial do Borussia DortmundAirbus A330-2006121289310operados por SunExpress DeutschlandBoeing 737-8001——189189operado por SunExpress DeutschlandTotal619
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Notas
Categoría:Aeroliñas de Alemaña