Soiuz 37 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 23 de xullo de 1980 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soyuz 37, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Viktor Gorbatko e Pham Tuan (o primeiro cosmonauta de Vietnam) a bordo, foi unha misión Interkosmos lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6. A tripulación adicouse a facer diversos experimentos ata o seu regreso, entre eles a observación de Vietnam desde o espazo, experimentos biolóxicos e procesamento de materiais.
Gorbatko e Tuan regresaron á Terra na nave da misión Soiuz 36, pertencente á anterior misión Interkosmos, formada por Valeri Kubasov e Bertalan Farkas (o primeiro cosmonauta de Hungría) e deixando a súa Soiuz , máis nova e fresca, na estación. Aterraron o 31 de xullo de 1980 ás 15:15 GMT.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz U Soiuz 25 Soiuz 26 Soiuz 27 Soiuz 28 Soiuz 29 Soiuz 30 Soiuz 31 Soiuz 32 Soiuz 33 Soiuz 34 Soiuz 35 Soiuz 36 Saliut 6
Categoría:Programa Soiuz