Juan Jesús Garrote Nogueira, nado cara a 1882 e finado en Nigrán o 23 de setembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Camareiro marítimo e militante do movemento obreiro dende 1898, foi encarcerado en varias ocasións. Foi fundador da Federación Juvenil Socialista en 1903. Militou no PSOE como membro da corrente terceirista. Foi elixido presidente da sociedade de xastres de Vigo afecta á UGT en maio de 1915.El Socialista, 27-5-1915, p. 4. Logo da escisión do PSOE, traballo na organización do PCE en Galicia. Dende 1924 foi secretario de organización e secretario político do raio comunista de Vigo. Participou no pleno do PCE de Pamplona en 1929. Formou parte da candidatura comunista ás eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 pola provincia da Coruña encabezada por José Silva Martínez.El Pueblo Gallego, 26-6-1931, p. 4Boletín Oficial da Provincia da Coruña, 13-7-1931, p. 7. Veciño de Vigo. Volveu ser candidato comunista nas eleccións a Cortes de 1933 pola provincia de Pontevedra.El Pueblo Gallego, 19-11-1933, p. 14. Participou en mitins da campaña pro-estatuto na Estrada en xuño de 1936.El Pueblo Gallego, 16-6-1936, p. 11. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado, pero foi detido o 22 de setembro. Esa mesma noite foi paseado nas Santinas (Nigrán), no km 48,8 da estrada Pontevedra-Camposancos."Intento de fuga de un detenido", El Pueblo Gallego, 24-9-1936, p. 8.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1936